Presenza e resposta do oínte na webradio. Estudo de dous programas da Radio Galega: “A tarde” e “Galicia en Goles”

Authors

  • Rocío Pereira Rodríguez
  • Maria José Rivero Portela

Abstract

As novas tecnoloxías da información e a comunicación amais de configurar unha grandiosa comunidade virtual do coñecemento, facilitan a comunicación interactiva, polo que, as posibilidades que ofrecen para a innovación son extraordinarias.

Na actualidade estase vendo como moitos programas de radio, aproveitan as posibilidades de internet para comunicarse e interactuar coa súa audiencia, a través das redes  sociais.  O  usuario  participa  das  calidades  que  ofrece  o  hipertexto,  creando, almacenando, enlazando e compartindo información sobre os programas ademais de reflectir os vínculos que se establecen entre individuos aparentemente descoñecidos, pero  que  gardan  nexos  comúns.  Este  é  o  caso  das  propostas  radiofónicas  que  se presentan neste estudio.

Este traballo céntrase na análise da influenza que ten o oínte na comunicación radiofónica a través do Facebook dos programas da Radio Galega (Radio Autonómica de Galicia) A Tarde, e Galicia en Goles durante a semana  do  19  ao  25  de  maio  de  2012.  Trátase  dun  estudo  de  caso  que  permite identificar a repercusión do emisor a través de Facebook. 

Downloads

Download data is not yet available.

Published

2012-04-01

How to Cite

Pereira Rodríguez, R., & Rivero Portela, M. J. (2012). Presenza e resposta do oínte na webradio. Estudo de dous programas da Radio Galega: “A tarde” e “Galicia en Goles”. PRISMA.COM, (17), 24–39. Retrieved from https://ojstest.xyz/ojsletrasX/index.php/prismacom/article/view/1950